Canción composta a partir do poema Soldados de Xela Arias, Letras Galegas 2021. Demo rexistrada na casa en Abril 2021.
Música: Nacho Mora
Letra: Xela Arias
Guitarra: Jorge Martí
Voz, baixo, etc: Nacho Mora
Soldados
Porque bebes na fonte das dúbidas, sospeitas.
Porque habíta-la esperanza, sancionas.
Así sabes ti da elevada simetría das batallas.
Así conviñas pola muda da historia.
Que tal ve-la necesaria imposible inocencia dun minúsculo/
poder calquera?
Abrázome noutra revolución pendente.
Non vou ser soldado.
Poño a man
e cáenme milleiros de causas comúns polos dedos estirados.
Non vou ser soldado.
Sancióna-la mesquindade que os desexos tamén gardan?
Porque se línda-la utopía, atrévete agora e avanza.
Tamén ti ocultas
verdadeiros motivos en risas desencaixadas.
Así que abrázate nesoutra revolución necesaria.
Sería-lo mellor soldado, e mais cantas veces
mórrenche tódalas batallas.
![](https://i.ytimg.com/vi/GxKBi93Afzk/maxresdefault.jpg)