A Audiencia Nacional pide o ingreso en prisión da narcoavogada cambadesa Tania Varela. A muller pasou a disposición xudicial esta mañá ante o xulgado de Vilanova i la Geltrú, que foi instado polo tribunal nacional para decretar o ingreso inmediato no cárcere de Varela. Onte era detida en Sitges tras cinco anos en paradoiro descoñecido. Tamén era a única muller que figuraba na listaxe nos setenta fuxitivos máis buscados elaborada por Europol.
![](https://i.ytimg.com/vi/_AjQ8s6WNjg/mqdefault.jpg)