“Se hai algunha cuestión que merece un pleno extraordinario é garantir 400 postos de traballo na Coruña, o Goberno debe estar á altura das circunstancias aínda que sexa no tempo de desconto xa que non o fixo até agora e, como país, temos que reaccionar”, indicou Pontón tras censurar o mutismo de Feixóo. “Debe saír do seu silencio e poñerse á fronte para buscar unha solución”, recalcou Ana Pontón tras a reunión mantida na Deputación co grupo provincial do BNG, coa vicepresidenta Goretti Sanmartín á cabeza, e co comité de empresa de ALCOA para abordar a situación a menos dunha semana de que a multinacional aplique o ERE extintivo.
![](https://i.ytimg.com/vi/kVqtFqPYe-c/maxresdefault.jpg)