PONTEVEDRA. O vídeo da Garda Civil está enmarcado no 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Para esta xornada hai convocada en Pontevedra unha mobilización a cargo de diferentes colectivos feministas. Esta mañá estivemos coas representantes do Quilombo, que nos explicaron así a importancia de volver a saír a rúa unha vez máis.
“Contra o patriarcado e capital, feminismo organizado”. Ese é o lema da mobilización convocada para o vindeiro 25 de novembro. Día no que as mulleres volverán a saír a rúa para loitar contra as violencias machistas e contra o patriarcado e o capitalismo.
A mobilización sairá ás 20:30 horas da Praza da Peregrina e percorrerá as principais rúas da cidade. Dende Blanco Porto e Benito Corbal, pasando por Cobian Rofignac e a Praza da Leña e rematando, de novo, neste lugar. Unha manifestación necesaria ante a situación que está a vivir o noso país.
As representantes do centro social feminista O Quilombo teñen claro que a educación dos máis pequenos debe ser a base da loita contra as violencias machistas.
O Quilombo, o Colectivo Feminista de Pontevedra e Galiza Nova uniranse o vindeiro luns para seguir dando pasos cara unha sociedade igualitaria, libre de violencias e de desigualdades.
Ещё видео!