Sira Paz e Orestina Busto, tocadoras tradicionais de Liñares (Avión/Ourense), contribuíron á rica tradición oral e musical da zona. Neste vídeo podemos apreciar a súa mestría ao escoitalas cantar e tocar a pandeireta e a lata de pemento. A través da súa historia aprendemos sobre os efectos da emigración nas prácticas culturais da zona de Avión, onde moita xente emigrou a México e outras latitudes, expulsada pola fame e acompañada pola esperanza dunha vida mellor. Rosalía Portos, nacida na diáspora, proporciónanos a súa perspectiva de retorno. Aínda que os procesos migratorios debilitaron as festas e eventos comunitarios no lugar de orixe, esta muller, amante da música e literatura oral que conseguiu aprender das súas antepasadas, representa a construción e (re)creación da comunidade na emigración mediante a música de tradición oral.
Web
[ Ссылка ]
![](https://i.ytimg.com/vi/lmMrH235wnA/maxresdefault.jpg)