Descrición da ruta: [ Ссылка ]
Saimos facendo un itinerario pola vila de Benás/Benasque para írmonos situando e logo tomamos o antigo camiño que une esta vila coa de Sarllé/Cerler. Este treito, que é de subida, vai principalmente entre bosques por zonas de sombra ata chegar a Cerler. Dende aquí faremos outra ruta, a das Tres Fervenzas. É unha ruta sinxela, circular, que nos leva polo val de Ardonés ata un punto onde poderemos observar tres saltos de auga moi fermosos. Ao regresar a Cerler teremos ocasión de visitar a parte antiga do pobo, onde destacan varias construcións de arquitectura típica así como a igrexa de San Lourenzo, de orixe románica e que xa aparece referida nalgúns documentos do século XI.
Logo faremos o descenso ata Benasque por un camiño distinto ao de subida, que nos permitirá ter unhas panorámicas moi amplas de todo o val.
A ruta é sinxela en xeral, sen grandes complicacións. Ten algún punto de forte desnivel. No tramo da ruta que une dúas das tres fervenzas que veremos, hai un punto do sendeiro moi estreito que pode dar vertixe, de feito ata hai un cable instalado a modo de varanda. Tamén cabe destacar que durante un tramo desta ruta é probable que coincidamos con máis sendeiristas e visitantes. Isto, xunto co estreito que é o sendeiro e as poucas opcións que temos de gardar as distancias, fai que nestes tempos probablemente sexa necesario o uso da máscara.
Lonxitude: 15 km
Desnivel: medio
Dificultade: media
![](https://i.ytimg.com/vi/FCThpJEwfIE/maxresdefault.jpg)